Saturday 04 de May de 2024

Os pequenos da escola A Capela estrean durante o recreo o novo parque infantil fronte ao centro social de Carreira


Na sede veciñal se están a traballar nos labores de pechamento

Alumnos da escola unitaria A Capela estrearon esta mañá, na hora do recreo, o novo parque infantil que se acaba de instalar fronte ao centro social de Carreira.

Os pequenos tiveron a oportunidade de disfrutar desta nova instalación, que consta de diversos elementos (unha gran elemento multixogos con tres tobogáns, dous balancíns, un columpio), todo sobre unha superficie de caucho continuo.

Paralelamente, tamén se está a traballar nos labores de pechamento do propio centro social, a través da instalación de rexas e cristais. A intención do Executivo local é que a construción desta obra –que principiaran os obradoiros de emprego Vionta e Tahume- remate no presente ano con cargo aos fondos municipais.

Artes e Fonterramil
Por outra banda, cómpre informar de que o de Carreira no é o único parque infantil que se estivo a construír nos últimos días. Neste senso, tamén están practicamente ultimados os novos parques infantis de Fonterramil (na parroquia Castiñeiras) e Artes (xunto á igrexa parroquial): dúas infraestruturas que están acompañadas da execución de sendas pistas multideporte aptas para a práctica do futbito e o baloncesto.

Proseguindo nesta liña, os orzamentos do 2015 traerán a renovación doutras áreas recreativas no municipio, como a do parque García Bayón, Deán Grande e Casa do Mar de Corrubedo.

De igual xeito,a mancomunidade Arousa Norte ten previsto aprobar a principios do ano a creación doutros tres parques infantís nas parroquias de Artes (na zona do colexio), Oleiros (fronte ao novo centro social) e A Ameixida.